Aproveitando a lectura deste mes, "Historia de una gaviota y del pájaro que le enseñó a volar" visionamos a adaptación para o cine do libro de Luis Sepúlveda.
Película dirixida por Enzo D'Alò. Italia, 1999, 78'
Zorbas é un gato enorme, negro e gordo que vive cerca do porto de Hamburgo e un día acaba asumindo a delicada tarea de criar o poliño dunha gaivota. A nai quedou atrapada nunha marea negra de petróleo procedente dun buque varado e, xusto antes de morrer, deixou a Zorbas ao coidado do ovo que acababa de poñer. O gato porá todo o seu empeño en coidar á pequena gaivota recén nacida e, xunto aos seus amigos felinos Secretario, Sabelotodo, Barlovento e Colonello logrará tanto coidala e darlle cariño como ensinarlle a voar para que poda reunirse con outros membros da súa especie.
Se vos interesa, podedes ver a película desde youtube ou pedila en préstamo na Biblioteca para ver na casa
preme na imaxe para ver película |