Danko, o poldro de Grígor, é capaz de guiarse polas estrelas e ten máis forza que catro cabalos xuntos. Ademais, entende a linguaxe dos humanos, aínda que só obedece a Grígor. Pero tantas virtudes traerán a desgraza do poldro e o raparigo, porque a fama de Danko chega a oídos do ambicioso Pávirich. Unha estupenda novela con tinguiduras fantásticas que reflicte o valor do agarimo e a solidariedade.
Para aprender a recoñecer as estrelas igual que Danko, construímos o noso telescopio. Así nas noites de verán, mirando ao ceo, poderemos sentir o que Grígor vía na compaña do seu cabalo.
E para rematar ilustramos en grupo o texto de José Antonio Panero.
Velaí a versión dixital ilustrada nas trasnadas lectoras.
Pincha na imaxe, pon audio e verás...