Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



26/01/18

Cambiamos de familia!!

En Se vende garbanzo, a novela de Care Santos, Óscar non aguanta máis ao seu irmán pequeno e ten unha lista de máis de dez motivos que explican por que. O malo é que Nora foi pasar o verán a Nova York, e sen ela, Óscar non sabe como solucionar o problema. Menos mal que os bos amigos sempre están aí, pase o que pase, e a solución chega vía email: ten que cambiar ao Garavanzo por outro irmán. É unha idea xenial, como todas as de Nora, pero dará resultado?

Nas trasnadas lectoras queremos ás nosas familias, por eso felicitámolas polo Nadal (ao xeito tradicional, enviando unha postal por correos), pero tamén cambiamos nais, pais, irmáns, avoas e avós coas cartas creadas por nós...





Volvemos con El pequeño vampiro



El pequeño vampiro trata da amizade entre o neno Anton e o pequeno vampiro Rüdiger von Schlotterstein. Anton vive inquietantes aventuras entre os vampiros, acompañado por Rüdiger, que adoita visitarlle aparecendo inesperadamente no alféizar da súa xanela. Unha das dificultades ás que se enfrontan é a de tratar de evitar que os pais de Anton cheguen a decatarse de que Rüdiger é un vampiro.

Anton vai coñecendo cada vez a máis membros da familia de Rüdiger, como a irmá pequena Anna e o irmán maior Lumpi. Tamén vive emocionantes voos nocturnos coa capa que lle presta o seu amigo, e pronto se familiariza cos problemas que teñen que afrontar os vampiros: o allo, o ter que facer a mudanza cun cadaleito ou o sufrir a persecución do cazador de vampiros Geiermeier.

Con este libro damos comezo a unha nova edición das trasnadas lectoras, esperando que a diversión acompañe sempre ás nosas lecturas.


+fotos no album fotográfico deste blog