Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



10/01/15

O Señor Silvestre e o noso catalexo

Este venres 9 de xaneiro inauguramos 2015 comentando o libro "El Señor Silvestre"
Falamos dos personaxes, dos temas que se tratan  e de como se misturan situacións da vida real con historias fantásticas e máxicas.

Casi por unanimidade valoramos esta lectura con cinco estrelas, asi que a maioría animarémonos a ler as outras dúas entregas deste personaxe: "El regreso del Señor Silvestre", "¿Dónde está el Señor Silvestre?"



Por último construímos o noso persoal "catalexo de caza menor" o regalo que Mauricio recibe do Señor Silvestre antes de que este marche... 

Deixamos un enlace para quen desexe facer un seu propio catalexo... 
este é un dos que fixemos no club

Preme na imaxe para facer o teu propio catalexo


Vémonos o venres 23 co próximo libro "Cama y cuento" de Gonzalo Moure