Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



Diario de sesións


Esta páxina recolle información, a modo de diario,  das sesións desenvolvidas no club de lectura, os recursos utilizados e as actividades realizadas pol@s trasnolector@s







::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


Jürgen Press, Hans. Aventuras de "La mano negra". Planeta, 2010


Venres 20/04/2018 
Venres 4/05/2018

No libro deste mes, Aventuras de "la mano negra", Félix, Adela, Rolo e Kiki forman «a man negra», un grupo de amig@s que, grazas aos seus dotes deductivas e de observación, dedícase a esclarecer misterios a partir da investigación de datos. Nas catro historias reunidas no libro particípase tamén como detective e ponse a proba a capacidade observación, a través do rastrexo de pistas, o establecemento de relacións de causalidade entre feitos e actos e a intuición. Nas trasnadas exercitamos a capacidade de observación a través de distintos xogos preparados para a ocasión.



Lambeck, Silke. El Señor Silvestre.  Barcelona: Virus, 2009

Venres 23/03/2018 
Venres 6/04/2018

Desde que Mauricio trasladouse cos seus pais e o seu pequeno irmán a unha nova cidade todo son problemas. Ata que un día coñece a El Señor Silvestre na escaleira da súa casa. Ese señor amable, entrado en idade, de coleta gris, non é un veciño normal e corrente. Sabe facer as mellores galletas de laranxa, onde se poden cultivar paraugas no parque e como falar con elefantes; e tamén sabe como axudar a Mauricio a desfacerse duns compañeiros de clase molestos e mesmo como converter ao xefe de mamá nunha persoa cordial.

Unha historia chea de maxia, como a que practicamos nas trasnadas con trucos de cartas que nos servirán para deixar coa boca aberta a amig@s e familia.


Bass, Guy. La maravillosa historia de Carapuntada: una criatura casi humana.  Ed. Molino, 2012


Venres 23/02/2018 
Venres 9/03/2018

No Castelo de Grotescote vive Carapuntada, un pequeno monstro creado polo profesor Erasmus. Este último é un científico especializado en fabricar criaturas horripilantes. O problema é que, unha vez creadas, esquécese delas. Así, Carapuntada é esquecido polo seu creador pouco tempo despois de nacer e vaga polo lúgubre edificio tratando de “compoñer” os erros do profesor. Con todo, o pequeno monstro non desexa abandonar a súa casa aínda e tampouco quere deixar aos demais monstros que son os seus amigos.
Unha divertida mezcla de humor, terror e fantasía que inspirou ás nosas trasnadas para crear uns montrosísimos marcapáxinas.


Moure, Gonzalo. Cama y cuento.  Madrid: Anaya, 2013

Venres 26/01/2018
Venres 9/02/2018


Á nosa protagonista de "Cama y cuento", Malva, encántalle que a súa nai lea con ela un conto antes de irse a durmir. Con esas historias viaxa ata un mundo cheo de maxia e de fantasía. Pero desde que aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non hai "cama e conto".

Pero nas trasnadas lectoras aproveitamos o entroido para lembrarlle a Malva algúns personaxes dos contos que tanto lle gustan.



Santos Torres, Care. Se vende garbanz. Ed. SM, 2013


Luns 18/12/2017
Venres 12/01//2018

En Se vende garbanzo, a novela de Care Santos, Óscar non aguanta máis ao seu irmán pequeno e ten unha lista de máis de dez motivos que explican por que. O malo é que Nora foi pasar o verán a Nova York, e sen ela, Óscar non sabe como solucionar o problema. Menos mal que os bos amigos sempre están aí, pase o que pase, e a solución chega vía email: ten que cambiar ao Garavanzo por outro irmán. É unha idea xenial, como todas as de Nora, pero dará resultado?

Nas trasnadas lectoras queremos ás nosas familias, por eso felicitámolas polo Nadal (ao xeito tradicional, enviando unha postal por correos), pero tamén cambiamos nais, pais, irmáns, avoas e avós coas cartas creadas por nós...

Sommer-Bodenburg, Angela. El pequeño vampiro. Alfaguara, 2002


Venres 24/11/2017
Luns 1/12/2017

El pequeño vampiro trata da amizade entre o neno Anton e o pequeno vampiro Rüdiger von Schlotterstein. Anton vive inquietantes aventuras entre os vampiros, acompañado por Rüdiger, que adoita visitarlle aparecendo inesperadamente no alféizar da súa xanela. Unha das dificultades ás que se enfrontan é a de tratar de evitar que os pais de Anton cheguen a decatarse de que Rüdiger é un vampiro. Anton vai coñecendo cada vez a máis membros da familia de Rüdiger, como a irmá pequena Anna e o irmán maior Lumpi. Tamén vive emocionantes voos nocturnos coa capa que lle presta o seu amigo, e pronto se familiariza cos problemas que teñen que afrontar os vampiros: o allo, o ter que facer a mudanza cun cadaleito ou o sufrir a persecución do cazador de vampiros Geiermeier.
Aproveitando a lectura deste mes, visionamos a película El Pequeño Vampiro, baseada na novela do mesmo nome, adaptación moi libre da saga, dirixida por Uli Edel. EE.UU., 2000, 95'


Puya, Paloma. En la isla del dragón dormido
Madrid: Compañía Oriental de la tinta, 2007


Venres 21 de abril de 2017
Venres 5 de maio de 2017

Etna, Lea e Árix, protagonistas do libro "En la isla del dragón dormido" son tres mozas ás que o traballo dos seus pais e nais obriga a deixalo todo para ir vivir a unha apartada e perdida illa unha longa tempada, e por iso están terriblemente enfadadas. Tiveron que deixar as súas casas, amigos/as e os seus colexios para encerrarse no que imaxinan o lugar máis aburrido do planeta. Pero equivócanse. Á súa chegada descobren que esconde moitos segredos. Entre eles a presenza dunha misteriosa anciá de estraña orixe que lles fala dunha lenda nada séculos atrás. E esa lenda revelaralles que non están alí por casualidade....

Nesta ocasión realizamos una gymkana para atopar o dragón que durme na biblioteca...  Toda unha experiencia!!

Recursos utilizados:

Manualidades: dragóns de papel

Gymkana do dragón durmido (elaboración propia)



Dhal, Roald. Las brujas
Madrid: Alfaguara, 2005


Venres 24 de marzo de 2017
Venres 7 de abril de 2017

As bruxas de todo o mundo, baixo a aparencia de señoras correntes, están a celebrar a súa convención anual. Nela decidiron aniquilar a todos os nenos. Pero o protagonista desta historia e a súa avoa conseguirán vencelas grazas ao ratonizador máxico.

Que medo!! As bruxas, de Roald Dhal e a súa versión para o cine A maldición das bruxas deron nun pouquiño de medo... Pero que divertido xogar co twister embruxado!!


Recursos utilizados:

"La maldición de las brujas", 
película dirixida por Nicolas Roeg 
Xogo do Twister embruxado (elaboración propia)




García-Clairac, Santiago. El libro invisible.
Madrid: SM, 2005


Venres 24 de febreiro de 2017
Venres 10 de marzo de 2017


César está moi enfadado co seu pai, ao que culpa de todos o seu problema. E é que o seu pai, que é escritor, ten a necesidade de cambiar de cidade cada vez que termina unha novela. Por iso, César non ten amigos.

Pero as cousas complícanse cando chega ao seu novo colexio e a súa compañeira de pupitre, Lucía, identifícase como futura escritora. Con todo, Lucía resulta ser de gran axuda e deféndeo dos seus inimigos. 

A partir da primeira lectura, a cousas toman un rumbo inesperado e César vivirá a máis incrible aventura da súa vida. E aprenderá cousas que non imaxinaba. 

Grazas á novela deste mes, "El libro invisible", descubrimos que as historias son invisibles ata que se escriben, así que nos aventuramos a escribir o noso libro de contos axudándonos cos dados de story cubs e o xogo do cadáver exquisito. E o resultado foi unha Trasno antoloxía de contos disparatados...

Recursos utilizados:

"O cadáver exquisito"
Xogo de "Story cubes"



Arboleda, Diego. Prohibidoleer a Lewis Carroll.                      Madrid: Anaya, 2014

Venres 27 de xaneiro de 2017
Venres 10 de febreiro de 2017

Este libro narra a historia de Eugéne Chignon, unha nova institutriz francesa que en 1932 viaxa ata Nova York para coidar dunha nena, Alice, cuxa desatada paixón polo mundo creado por Lewis Carroll provocou que os seus pais prohíbanlle ler os seus libros. 
Eugéne Chignon comprobará que as estrañas casualidades, os personaxes extravagantes e as situacións absurdas non son só patrimonio do País das Marabillas, senón que se atopan a miúdo no noso mundo e especialmente nesa casa.

A comedia disparatada ten cabida nesta novela, na que o sinsentido, acaba tendo moito sentido. Cantando e xogando adentrámonos no mundo das marabillas

Recursos utilizados:

Cancións de Alicia en el país de las marabillas (Disney)
Xogo de Party marabillas (elaboración propia)


Campos, Llanos. El tesoro de Barracuda. Madrid; SM, 2014

Venres 16 de decembro de 2016
Venres 13 de xaneiro de 2017


Unha historia de piratas, libros, amizade... e, sobre todo, moitas aventuras. Este premio O Barco de Vapor avanza a toda vela.



Chispas, un grumete de once anos, conta nesta novela as aventuras que vive a bordo do  Cruz do Sur, o navío do capitán Barracuda, en busca do tesouro do lexendario Phineas Johnson Krane. O pirata Krane deixara enterrado un libro onde daba pistas sobre o paradoiro das súas riquezas. Por esta razón a tripulación do Cruz do Sur decide aprender a ler e, finalmente, seguindo as pistas do libro e tras moitas peripecias tan arriscadas como divertidas, atopa o tesouro.

Recursos utilizados:

Elaboración de caretas cos piratas da novela (elaboración propia)
Teatralización 


Sepúlveda, Luís. Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar .  Barcelona:Tusquets, 2006

Venres 25 de novembro de 2016
Venres 9 de decembro de 2016

Estes día as Trasnadas lectoras deron moito que falar...
Comentamos o libro de Luis Sepúlveda, e pensamos que como a protagonista da nosa novela, "Só pode voar quen se atreve a facelo". 

Aprendimos que hai humanos que desprezan e emporcan o mar pero tamén os hai que traballan polo seu coidado e a conservación do medio ambiente (como aqueles que no libro "levan as súas naves adornadas coas cores do arco da vella").
Ilustramos a historia da nosa gaivota co vídeo musical "Nunca máis", de La Fuga, tema que esta banda de rock creou sobre a catástrofe do Prestige.

Tamén fixemos a nosa gaivota móbil para levar á casa... e aproveitando a lectura, visionamos a adaptación para o cine do libro de Luis Sepúlveda. Película dirixida por Enzo D'Alò. Italia, 1999, 78'



Panero, José Antonio. Danko, el caballo que conocía las estrellas. SM, 2000

Venres 22 de abril de 2016

Venres 6 de maio de 2016

Danko, o poldro de Grígor, é capaz de guiarse polas estrelas e ten máis forza que catro cabalos xuntos. Ademais, entende a linguaxe dos humanos, aínda que só obedece a Grígor. Pero tantas virtudes traerán a desgraza do poldro e o raparigo, porque a fama de Danko chega a oídos do ambicioso Pávirich. 

Para aprender a recoñecer as estrelas  igual que Danko, construímos o noso telescopio. Así nas noites de verán, mirando ao ceo, poderemos sentir o que Grígor vía na compaña do seu cabalo. Finalmente ilustramos entre todo o grupo a novela, montando o nosa propia versión dixital.

Recursos utilizados:



Gibert, Juan Manuel. El mensaje de los pájaros. SM, 2005

Venres 18 de marzo de 2016

Venres 8 de abril de 2016

As mellores veladas para o rei Gracián transcorren escoitando o canto dos paxaros. Pero o bosque queda lonxe e o rei é xa moi ancián. Por iso alégrase tanto a mañá en que o buhonero de Anatolia entra no seu palacio. No seu carromato, o mercador trae unha rede de finísimos fíos de prata que serven para cazar as devanditas aves...

Despois dunha refexión colectiva sobre "El mensaje de los pájaros", os 7 paxaros da profecía servíronnos para realizar a nosa particular pesquisa sobre o canto de cada un deles e xogar a recoñecelos. Ah, e tamén fixemos comedeiros para invitalos a comer con nós na casa!

Recursos utilizados:

Xogo de fichas de paxaros (elaboración propia)

Canto pájaros



Bordóns, Paloma. Mi abuelo el Presunto. Edebé, 2004

Venres 19 de febreiro de 2016

Venres 4 de marzo de 2016

Lola ten nove anos e vive coa súa nai. Un día, de súpeto, aparece un ancián que di ser o seu avó. O home fala raro, gruñe bastante e, encima, rouca. Garda un maletín pechado con chave e ponse feito unha furia cando Lola o descobre.

Parece que este avó caeulles ben aos tranolector@s porque o libro recibiu unha puntuación de 5 estrelas no noso trasnómetro. Ademáis serviunos de excusa para lembrar ás nosas familias... avós, avoas, nais, pais, irmáns, irmás quedaron retratad@s nas nosas árbores xenealóxicas.

Recursos utilizados:

Arbore xenealóxica (Manualidades) (elaboración propia)

Actividades de aula. Mi abuelo el presunto.Edebé 



Quintiá, Xerardo. Ke-Tumba Ke-Tamba. Galaxia, 2007

Venres 22 de xaneiro de 2016
Venres 5 de febreiro de 2016

Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro.

Aproveitando a coincidencia do entroido, inspirámonos no indio ketumbeiro para elaborar a nosa careta e tocado de plumas de cores...

Recursos utilizados:

Cómo hacer un gorro de indio
Máscaras de indios para colorear
Xogo de preguntas sobre o libro (elaboración propia)

Lozano Carbayo, Pilar. Siete reporteros y un periódico. SM, 2005

Venres 18 de decembro de 2015
Venres 8 de xaneiro de 2016

Co libro deste mes, Siete reporteros y un periódico, de Pilar Lizano, convertímonos en buscadorxs de noticias e rastrexando a prensa local seleccionamos as mellores noticias para o noso noticiario. Ao mellor espertouse algunha vocación oculta... E para rematar,  gravamos o Trasno noticiario "As boas noticias"

Recursos utilizados:

Selección de noticias do Faro de Vigo
Gravación de "Trasno xornal" (elaboración propia) 


Sommer-Bodenburg, Angela. El pequeño vampiro. Alfaguara, 2002

Venres 20 de novembro de 2015

Aproveitando a lectura deste mes, visionamos a película El Pequeño Vampiro, baseada na novela do mesmo nome, adaptación moi libre da saga.
dirixida por Uli Edel. EE.UU., 2000, 95'


Venres 4 de decembro de 2015

Despois de comentar o libro, poidemos repasar a historia de "El pequeño vampiro" xogando a unha versión adaptada ad hoc do party junior...
As probas do "party vampírico" foron superadas con éxito polos equipos, e as risas demostraron que as lecturas tamén sirven para pasar un super-rato-divertido en boa compañía.

Recursos utilizados:

El pequeño vampiro (película)
Xogo de party vampiro (elaboración propia)

Jürgen Press, Hans. Aventuras de "La mano negra". Planeta, 2010

Venres 24 de abril de 2015

Inspirad@s pol@s protagonistas do noso libro, exercitamos as nosas dotes de detectives... Armad@s cunha culler, un pincel, polvos de talco e unha lupa estudiamos as nosas pegadas...  

Venres 8 de maio de 2015

@s tranolector@s desfrutaron moito coa lectura e gustoulles o de ir adiviñando as pistas que vai poñendo o autor ... asi que o libro recibiu a máxima puntuación do trasnómetro (5 estrelas). E o seu control das catro aventuras narradas no libro quedou demostrado no xogo preparado para esta ocasión... descubrir as fichas de cada aventura e acertar todas as pistas...

Recursos utilizados:

Experimento Huellas dactilares 
Xogo de fichas con pistas das aventuras do libro (elaboración propia)


Bass, Guy. La maravillosa historia de Carapuntada: una criatura casi humana.  Ed. Molino, 2012

Venres 27 de marzo de 2015

Despois de comentar unha parte do libro debuxamos entre todos/as varios monstruos en tres partes mediante o xogo do "cadáver exquisito". 

Venres 10 de abril de 2015

Este libro, votado con cinco puntos no noso trasnómetro, permitiunos realizar un xogo por equipos para contestar preguntas relacionadas coa lectura. E como remate final, cada participante elaborou o seu monstruo particular en forma de marcapáxinas. 

Recursos utilizados:

Xogo do "cadáver exquisito"
Xogo de fichas con preguntas sobre o libro (elaboración propia)
Como facer un marcapáxinas con forma de monstruo (manualidades)



Moure, Gonzalo. Palabras de Caramelo. Anaya, 2004

Venres 20 de febreiro de 2015
Tentamos acercarnos ao mundo do protagonista da nosa lectura, Kori, o neno xordo que fala co seu camelo e, gracias a Alberto, que nos visitou e nos ensinou a linguaxe de signos, poidemos aprender a comunicarnos dun xeito diferente, sustituíndo a voz polas mans.
Cun pouco de entrenamento xa casi estivemos preparad@s para cantar en signos a canción de Macaco "Seguiremos".

Venres 6 de marzo de 2015
Ás veces os libros cóntanos historias fantásticas e outras móstrannos vidas e culturas diferentes, baseándose en historias reais. Este é o caso de Palabras de Caramelo. A historia dos nosos protagonistas, Kori e Caramelo serviunos para coñecer a vida nos campamentos de refuxiados saharauis. Asi, analizando a realidade, poidemos comprender o final do libro, que á maioría dos/as trasnolextores/as pareceulles "moi triste".

Recursos utilizados:

Abecedario en linguaxe de signos español
"Seguiremos", de Macaco (vídeo musical signado)
Así vivo en mi campamento de El Aaiún (documento youtube)
Texto de Palabras de Caramelo para ilustrar (elaboración propia) 


Moure, Gonzalo. Cama y cuento.  Madrid: Anaya, 2013

Venres 23 de xaneiro de 2015
Igual que a nai de Malva, a protagonista de "Cama y cuento", xogamos a inventar historias. O xogo do "conto encadeado" deu como resultado unha historia titulada "El hijo del leñador".

Venres 6 de febreiro de 2015
Falamos das personaxes, de Malva, da súa nai e do seu pai, e da importancia que ten a lectura para cada quen no momento de irmos para a cama... a algúns trasnolectores gústalles que lles lean pero outros/as prefiren ler en soidade para concentrarse nas historias dos libros. E para rematar fixemos un concurso utilizando algunhas pautas da guía de lectura que Anaya realizou sobre este libro. Cada quen levou tantos chuches como acertos...

Recursos utilizados:

Proyecto de lectura "Cama y cuento"
Xogo do conto encadeado


Lambeck, Silke. El Señor Silvetre.  Barcelona: Virus, 2009

Venres 19 de diciembre de 2014
Como o protagonista da nosa historia deste mes, o venres 19 de decembro nas trasnadas lectoras quixemos facer maxia. Pero como non é doado igualar ao Señor Silvestre...conformámonos con realizar pequenos trucos de cartas para sorprender á familia nas navidades...

Venres 9 de xaneiro de 2015
Inauguramos 2015 comentando o libro "El Señor Silvestre". Falamos das personaxes, dos temas que se tratan  e de como se misturan situacións da vida real con historias fantásticas e máxicas. Casi por unanimidade valoramos esta lectura con cinco estrelas, asi que a maioría quedamos con ganas de ler as outras dúas entregas deste personaxe: "El regreso del Señor Silvestre", "¿Dónde está el Señor Silvestre?"
Por último construímos o noso persoal "catalexo de caza menor" o regalo que Mauricio recibe do Señor Silvestre antes de que este marche... 

Recursos utilizados:

Trucos de cartas 
Como hacer un catalejo (manualidades)


Sepúlveda, Luís. Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar .  Barcelona:Tusquets, 2006

Venres 21 de novembro de 2014
Este día as Trasnadas lectoras foron... DE CINE
Aproveitando a lectura deste mes, "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" visionamos a adaptación para o cine do libro de Luis Sepúlveda. 
Película dirixida por Enzo D'Alò. Italia, 1999, 78'

Venres 5 de decembro de 2014
Este día as Trasnadas lectoras deron moito que falar...
Comentamos o libro de Luis Sepúlveda, e pensamos que como a protagonista da nosa novela, "Só pode voar quen se atreve a facelo". 
Aprendimos que hai humanos que desprezan e emporcan o mar pero tamén os hai que traballan polo seu coidado e a conservación do medio ambiente (como aqueles que no libro "levan as súas naves adornadas coas cores do arco da vella").
Ilustramos a historia da nosa gaivota co vídeo musical "Nunca máis", de La Fuga, tema que esta banda de rock creou sobre a catástrofe do Prestige.
Tamén recomendamos unha exposición que se pode ver na sede da Fundación Barrié en Vigo: Out to Sea? El proyecto de los residuos de plástico
E por útimo fixemos a nosa gaivota móbil para levar á casa
... unha sesión completa...

Recursos utilizados:

Historia de una gaviota y del pájaro que le enseñó a volar (película)
"Nunca máis" de La Fuga (vídeo musical)
Móbil de gaivota (manualidades)


Venres 7 de novembro de 2014
Trasnolector@s escritor@s

Inauguramos as Trasnadas lectoras!!
A primeira reunión do Club de lectura foi un día de presentacións... Coñecemos os nomes, as idades, os gustos lectores e os coles de cada trasnolector e trasnolectora.

Coñecimos e exploramos o noso blog porque vai a ser o medio de comunicación que nos permitirá expresar as nosas trasnadas e, coa axuda dos "contos interactivos", convertímonos en trasnoescritor@s  creando contos un pouco tolos que non nos deu tempo de correxir pero que se irán mellorando...

Levamos para ler o primerio libro do club: Historia de una gaviota y del pájaro que le enseñó a volar, de Luís Sepúlveda, unha historia maravillosa que nos fala da solidariedade e da superación.

Recursos utilizados: