Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



06/12/15

Party vampírico

Despois de comentar o libro deste mes, poidemos repasar a historia de "El pequeño vampiro" xogando a unha versión adaptada ad hoc do party junior...

As probas do "party vampírico" foron superadas con éxito polos equipos, e as risas demostraron que as lecturas tamén sirven para pasar un super-rato-divertido en boa compañía.







07/11/15

Inauguramos curso

Inauguramos o novo curso das Trasnadas lectoras creando os nosos propios textos...Cun pouco de esforzo e imaxinación  tal vez teñamos futurxs escritorxs ademáis de fantásticxs lectorxs.

Aqui vai a mostra dos textos elaborados a partir da proposta realizada pola páxina cuentos interativos. Preme nas imaxes para ampliar

Diego
María y Gabriel

Paloma y Cristina

Valentina y Dan
Yolanda y Helena
                             


30/10/15

Volven as Trasnadas lectoras!!

O Club de lectura infantil da Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel" 
comeza o 6 de novembro

Se tes entre 8 e 11 anos... a que esperas para apuntarte?

Preme na imaxe para ampliar




29/09/15

Trasnadas lectoras... Volvemosssss!!


Despois destas longas vacacións volvemos con moitas ganas de ler 
e facer a nosa trasnada favorita...

Que cal é?

Pois asistir ao noso Club de lectura para compartir libros, aventuras e diversión 

Lembramos que está aberto o período de inscricións para comezar en Novembro.

Hai que darse presa porque as prazas son limitadas... 
pasa pola biblioteca para apuntarte

Vémonos pronto!!



28/05/15

Remate final

Rematamos os encontros das trasnadas lectoras 2014-15 comentando os libros que nos prestamos na sesión anterior... e a  maioría das recomendacións  foron moi ben acollidas e puntuadas. Quedan colgadas na pestana  "Trasnorecomendacións" as lecturas recomendadas por se alguén ten interese en votarlle un ollo ;-)) 

Xogamos a recoñecer pasaxes dos libros que limos neste período a través de mímica, o que creou un ambiente festivo e de despedida. Finalizamos con xogos de grupo para levar un recordo fantástico das amizades que fixemos nas trasnadas lectoras.  

E de agasallo, un marcapáxinas para que non se esquezan de seguir lendo e voltar na próxima programación: novembro 2015/maio 2016.




Vos esperamos na próxima!! 
estade atentos/as en setembro a que se renoven as inscricións...

19/05/15

Xogamos coas aventuras de "la mano negra"

O pasado venres comentamos o noso libro do mes: Aventuras de "La mano negra".
@s tranolector@s desfrutaron moito coa lectura e gustoulles o de ir adiviñando as pistas que vai poñendo o autor ... asi que o libro recibiu a máxima puntuación do trasnómetro (5 estrelas).

E o seu control das catro aventuras narradas no libro quedou demostrado no xogo preparado para esta ocasión... descubrir as fichas de cada aventura e acertar todas as pistas...




O próximo libro que comentaremos será... mellor dito... serán os libros que cada participante recomendou e intercambiou co resto do grupo... veremos que puntuación reciben de cada novo/a lector/a. 

Estos son os libros recomendados e prestados para a súa lectura:

Uxía prestou: Números pares, impares e idiotas
Helena e Valentina prestaron: Chamizo
Luna prestou: El marciano perfecto y una feísima estudiante de intercambio sueca
Estela prestou: Lenore
Paloma prestou: ¿Quien se esconde en Ratford?
Victoria prestou: Carlota y el misterio de las turquesas polvorientas
Xian prestou: En el reino de la fantasía
Pablo prestou: Konrad o el niño que salió de una lata de conservas
Carmen prestou: Ojo de nube
Benjamín prestou: Las aventuras de Superman
e tamén se prestaron: El regreso del Señor Silvestre, La llamada de la Selva, El fantasma de Grotescote 

26/04/15

Somos detectives

Este venres, inspirad@s pol@s protagonistas do noso libro, exercitamos as nosas dotes de detectives...

Xa sabemos que todas as persoas teñen as súas propias pegadas dactilares e que grazas a eso a policía pode averiguar quen estivo no escenario do crime.


Armad@s cunha culler, un pincel, polvos de talco e unha lupa estudiamos as nosas pegadas...  


Agora xa podemos formar parte do equipo de "La mano negra" porque xa non hai quen se nos resista...



Se queres practicar este experimento, podes entrar nesta páxina: 
Experimento Huellas dactilares 


14/04/15

Carapuntada e os monstruos


La maravillosa historia de Carapuntada: una criatura casi humana

Este libro, votado con cinco puntos no noso trasnómetro, permitiunos realizar un xogo por equipos para contestar preguntas relacionadas coa lectura. 

E como remate final, cada participante elaborou o seu monstruo particular en forma de marcapáxinas. Aquí os deixamos unha mostra dos que realizamos este venres:

a que son chulos?  pódense crear todos os que imaxinemos. 

Se necesitas axuda podes entrar no seguinte enlace:
http://topmanualidades.com/como-hacer-un-marcapaginas-con-forma-de-monstruo/


Marcapáxinas elaborados pol@s trasnolector@s


E para quen desexe seguir lendo historias de Carapuntada 
hai publicadas dúas aventuras máis:



 

31/03/15

Concurso "Nós lemos, e ti?

"Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.
  • Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías: Primeiros lectores: 1º, 2º e 3º de Primaria / Lectores avanzado: 4º, 5º e 6º de Primaria / Superlectores: 1º e 2º de Secundaria e ámbito lingüístico.
  • Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos. 

Nas Trasnadas lectoras tamén quixemos participar
estas son as fotos que nos fixemos co libro "Palabras de Caramelo"...


2º e 3ºde Primaria

4º de Primaria

5º e 6º de Primaria

Grupo completo

Collage


09/03/15

A vida nos campamentos de refuxiados saharauis

Ás veces os libros cóntanos historias fantásticas e outras móstrannos vidas e culturas diferentes, baseándose en historias reais. Este é o caso de Palabras de Caramelo que comentamos o venres 6 de marzo

A historia dos nosos protagonistas, Kori e Caramelo serviunos para coñecer a vida nos campamentos de refuxiados saharauis. Asi, analizando a realidade, poidemos comprender o final do libro, que á maioría dos/as trasnolectores/as pareceulles "moi triste" pero necesario.

Este foi un pequeno documento que nos axudou a aproximarnos á vida de Kori:

Así vivo en mi campamento de El Aaiún

E para rematar,  ilustramos a historia de Palabras de Caramelo...





23/02/15

Aprendendo linguaxe de signos







Venres 20 de febreiro... Palabras de Caramelo...
Que ben o pasamos e canto aprendimos este día!!

Tentamos acercarnos ao mundo do protagonista da nosa lectura deste mes, Kori, o neno xordo que fala co seu camelo e, gracias a Alberto, que nos visitou e nos ensinou a linguaxe de signos, poidemos aprender a comunicarnos dun xeito diferente, sustituíndo a voz polas mans. Grazas Alberto!!

Abecedario en linguaxe de signos español

Un pouco de entrenamento e xa casi estivemos preparad@s para cantar en signos esta canción de Macaco que tan ben reflexa o espiritu do noso libro:

Di si (oh oh) seguiremos (oh oh)
Si dicen perdido yo digo buscando,
Si dicen no llegas de puntillas alcanzamos,
Y sí (oh oh) seguiremoos (oh oh).

"Seguiremos", de Macaco


Preme para abrir youtube

26/01/15

Creando contos

Igual que a nai de Malva, a protagonista de "Cama y cuento", o venres 23 de xaneiro inventamos historias. O xogo do "conto encadeado" deu como resultado esta historia...
"El hijo del leñador" 

CONTO ESCRITO:

Preme para ampliar


CONTO CONTADO (Toma 1):

Preme para ver e escoitar




10/01/15

O Señor Silvestre e o noso catalexo

Este venres 9 de xaneiro inauguramos 2015 comentando o libro "El Señor Silvestre"
Falamos dos personaxes, dos temas que se tratan  e de como se misturan situacións da vida real con historias fantásticas e máxicas.

Casi por unanimidade valoramos esta lectura con cinco estrelas, asi que a maioría animarémonos a ler as outras dúas entregas deste personaxe: "El regreso del Señor Silvestre", "¿Dónde está el Señor Silvestre?"



Por último construímos o noso persoal "catalexo de caza menor" o regalo que Mauricio recibe do Señor Silvestre antes de que este marche... 

Deixamos un enlace para quen desexe facer un seu propio catalexo... 
este é un dos que fixemos no club

Preme na imaxe para facer o teu propio catalexo


Vémonos o venres 23 co próximo libro "Cama y cuento" de Gonzalo Moure