Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



20/12/16

Preparándose para zarpar!

Empezamos a nosa segunda lectura deste curso, El tesoro de Barracuda. Unha historia de piratas, libros, amizade... e, sobre todo, moitas aventuras. Este premio O Barco de Vapor avanza a toda vela.

Chispas, un grumete de once anos, conta nesta novela as aventuras que vive a bordo do  Cruz do Sur, o navío do capitán Barracuda, en busca do tesouro do lexendario Phineas Johnson Krane. 

O pirata Krane deixara enterrado un libro onde daba pistas sobre o paradoiro das súas riquezas. Por esta razón a tripulación do Cruz do Sur decide aprender a ler e, finalmente, seguindo as pistas do libro e tras moitas peripecias tan arriscadas como divertidas, atopa o tesouro.

A tripulación das trasnadas lectoras prepara a súa viaxe para continuar despois das festas de nadal.

Felices festas, piratas!! 



   

 

 

     

07/11/16

Nova temporada



O venres 4 de novembro inauguramos a temporada 2016-2017 con nova programación e novxs compañeirxs

animádevos!! quedan poucas prazas!!





10/05/16

De estrelas e ilustracións

Danko, o poldro de Grígor, é capaz de guiarse polas estrelas e ten máis forza que catro cabalos xuntos. Ademais, entende a linguaxe dos humanos, aínda que só obedece a Grígor. Pero tantas virtudes traerán a desgraza do poldro e o raparigo, porque a fama de Danko chega a oídos do ambicioso Pávirich. Unha estupenda novela con tinguiduras fantásticas que reflicte o valor do agarimo e a solidariedade.


Para aprender a recoñecer as estrelas  igual que Danko, construímos o noso telescopio. Así nas noites de verán, mirando ao ceo, poderemos sentir o que Grígor vía na compaña do seu cabalo. 



E para rematar ilustramos en grupo o texto de José Antonio Panero. 
Velaí a versión dixital ilustrada nas trasnadas lectoras. 
Pincha na imaxe, pon audio e verás...


09/04/16

Os 7 paxaros da profecía

As mellores veladas para o rei Gracián transcorren escoitando o canto dos paxaros. Pero o bosque queda lonxe e o rei é xa moi ancián. Por iso alégrase tanto a mañá en que o buhonero de Anatolia entra no seu palacio. No seu carromato, o mercador trae unha rede de finísimos fíos de prata que serven para cazar as devanditas aves. Pero, todos os paxaros que apresa o rei con estes fíos son capaces de falar e pídenlle que os deixe en liberdade. O rei así o fai, marabillado de semellante prodixio. 

Tras moitas aventuras, acompañado polo mozo Magrís,"o fillo dos bosques", o rei descobre que estes paxaros son aves especiais que transmiten a mensaxe milenaria do segredo da vida: os seres humanos son capaces de realizar os actos máis fermosos, tanto intelectual como fisicamente.  A partir dese momento, o rei Gracián é o encargado de transmitir a mensaxe a través do seu exemplo.

Despois dunha refexión colectiva sobre "El mensaje de los pájaros", os 7 paxaros da profecía servíronnos para realizar a nosa particular pesquisa sobre o canto de cada un deles e xogar a recoñecelos. Ah, e tamén fixemos comedeiros para invitalos a comer con nós na casa!





















05/03/16

Árbores xenealóxicas


Lola ten nove anos e vive coa súa nai. Un día, de súpeto, aparece un ancián que di ser o seu avó. O home fala raro, gruñe bastante e, encima, rouca. Garda un maletín pechado con chave e ponse feito unha furia cando Lola o descobre.

Parece que "Mi abuelo el presunto" caeulles ben aos tranolector@s porque o libro recibiu unha puntuación de 5 estrelas no noso trasnómetro.

Ademáis serviunos de excusa para lembrar ás nosas familias... avós, avoas, nais, pais, irmáns, irmás quedaron retratad@s nas nosas árbores xenealóxicas.




05/02/16

Ketumbeiros Taram-Bainas

Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro.

Aproveitando a coincidencia do entroido, inspirámonos no indio ketumbeiro do libro "Ke-Tumba Ke-Tamba" para elaborar a nosa careta e tocado de plumas de cores.

 


Velaí a nosa tribo de Taram-Bainas favorita...





09/01/16

Reporteirxs dicharacheirxs

Co libro deste mes, "Siete reporteros y un periódico", de Pilar Lizano, convertímonos en buscadorxs de noticias e, rastrexando a prensa local, seleccionamos as mellores noticias para o noso trasno xornal. Ao mellor espertouse algunha vocación oculta...

Con vostedes...  o Trasno xornal "As boas noticias", cos reporteiros/as máis dicharacheiros/as:

Preme na imaxe para ver vídeo