Avisos
DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,
O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO
18/09/18
22/05/18
Lástima que acabou!!
Chegamos á última sesión das trasnadas lectoras 2017-2018... Que rápido pasou e como nos divertimos!!
O último día lembramos todas as lecturas deste ano a través de mímica.
Podedes ver as fotos pinchando na imaxe:
Esperamos volver a vernos en novembro para iniciar un novo programa de lecturas.
Ata pronto trasnolector@s!!

Olladas de detectives
No libro deste mes, Aventuras de "la mano negra", Félix, Adela, Rolo e Kiki forman «a man negra», un grupo de amig@s que, grazas aos seus dotes deductivas e de observación, dedícase a esclarecer misterios a partir da investigación de datos. Nas catro historias reunidas no libro deste mes, famoso polo seu éxito entre mozos e mozas de todo o mundo, particípase tamén como detective e ponse a proba a capacidade detectivesca, a través do rastrexo de pistas, o establecemento de relacións de causalidade entre feitos e actos e a intuición.
Nas trasnadas exercitamos a capacidade de observación:
xogamos ao despite... lembras que levaba posto?
lembra e monta unha historia...
Nas trasnadas exercitamos a capacidade de observación:
xogamos ao despite... lembras que levaba posto?
lembra e monta unha historia...
10/04/18
Abracadabra!!
Desde que Mauricio trasladouse cos seus pais e o seu pequeno irmán a unha nova cidade todo son problemas. Ata que un día coñece a El Señor Silvestre na escaleira da súa casa. Ese señor amable, entrado en idade, de coleta gris, non é un veciño normal e corrente. Sabe facer as mellores galletas de laranxa, onde se poden cultivar paraugas no parque e como falar con elefantes; e tamén sabe como axudar a Mauricio a desfacerse duns compañeiros de clase molestos e mesmo como converter ao xefe de mamá nunha persoa cordial.
Nas trasnadas construimos o noso "catalejo de caza menor" para poder acompañar a Mauricio a ver o "tigre de parque"
E como esta é unha historia chea de maxia, tamén pacticamos cos trucos que podedes lembrar nos seguintes enlaces:
Los 3 montones
La carta saltarina
Carta del 7
El hotel misterioso

La maravillosa historia de Carapuntada...
... cólase nas trasnadas lectoras
No Castelo de Grotescote vive Carapuntada, un pequeno monstro creado polo profesor Erasmus. Este último é un científico especializado en fabricar criaturas horripilantes. O problema é que, unha vez creadas, esquécese delas.
Así, Carapuntada é esquecido polo seu creador pouco tempo despois de nacer e vaga polo lúgubre edificio tratando de “compoñer” os erros do profesor. Con todo, o pequeno monstro non desexa abandonar a súa casa aínda e tampouco quere deixar aos demais monstros que son os seus amigos.

Unha divertida mezcla de humor, terror e fantasía que inspirou
ás nosas trasnadas
para crear uns montrosísimos marcapáxinas.
Contos no Entroido
Á nosa protagonista de "Cama y cuento", Malva, encántalle que a súa nai lea con ela un conto antes de irse a durmir. Con esas historias viaxa ata un mundo cheo de maxia e de fantasía. Pero desde que aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non hai "cama e conto".
Pero nas trasnadas lectoras aproveitamos o entroido para lembrarlle a Malva algúns personaxes dos contos que tanto lle gustan.
Pero nas trasnadas lectoras aproveitamos o entroido para lembrarlle a Malva algúns personaxes dos contos que tanto lle gustan.
26/01/18
Cambiamos de familia!!
En Se vende garbanzo, a novela de Care Santos, Óscar non aguanta máis ao seu irmán pequeno e ten unha lista de máis de dez motivos que explican por que. O malo é que Nora foi pasar o verán a Nova York, e sen ela, Óscar non sabe como solucionar o problema. Menos mal que os bos amigos sempre están aí, pase o que pase, e a solución chega vía email: ten que cambiar ao Garavanzo por outro irmán. É unha idea xenial, como todas as de Nora, pero dará resultado?
Nas trasnadas lectoras queremos ás nosas familias, por eso felicitámolas polo Nadal (ao xeito tradicional, enviando unha postal por correos), pero tamén cambiamos nais, pais, irmáns, avoas e avós coas cartas creadas por nós...
Volvemos con El pequeño vampiro
El pequeño vampiro trata da amizade entre o neno Anton e o pequeno vampiro Rüdiger von Schlotterstein. Anton vive inquietantes aventuras entre os vampiros, acompañado por Rüdiger, que adoita visitarlle aparecendo inesperadamente no alféizar da súa xanela. Unha das dificultades ás que se enfrontan é a de tratar de evitar que os pais de Anton cheguen a decatarse de que Rüdiger é un vampiro.
Anton vai coñecendo cada vez a máis membros da familia de Rüdiger, como a irmá pequena Anna e o irmán maior Lumpi. Tamén vive emocionantes voos nocturnos coa capa que lle presta o seu amigo, e pronto se familiariza cos problemas que teñen que afrontar os vampiros: o allo, o ter que facer a mudanza cun cadaleito ou o sufrir a persecución do cazador de vampiros Geiermeier.
Con este libro damos comezo a unha nova edición das trasnadas lectoras, esperando que a diversión acompañe sempre ás nosas lecturas.
+fotos no album fotográfico deste blog |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)