Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



05/03/16

Árbores xenealóxicas


Lola ten nove anos e vive coa súa nai. Un día, de súpeto, aparece un ancián que di ser o seu avó. O home fala raro, gruñe bastante e, encima, rouca. Garda un maletín pechado con chave e ponse feito unha furia cando Lola o descobre.

Parece que "Mi abuelo el presunto" caeulles ben aos tranolector@s porque o libro recibiu unha puntuación de 5 estrelas no noso trasnómetro.

Ademáis serviunos de excusa para lembrar ás nosas familias... avós, avoas, nais, pais, irmáns, irmás quedaron retratad@s nas nosas árbores xenealóxicas.




05/02/16

Ketumbeiros Taram-Bainas

Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro.

Aproveitando a coincidencia do entroido, inspirámonos no indio ketumbeiro do libro "Ke-Tumba Ke-Tamba" para elaborar a nosa careta e tocado de plumas de cores.

 


Velaí a nosa tribo de Taram-Bainas favorita...





09/01/16

Reporteirxs dicharacheirxs

Co libro deste mes, "Siete reporteros y un periódico", de Pilar Lizano, convertímonos en buscadorxs de noticias e, rastrexando a prensa local, seleccionamos as mellores noticias para o noso trasno xornal. Ao mellor espertouse algunha vocación oculta...

Con vostedes...  o Trasno xornal "As boas noticias", cos reporteiros/as máis dicharacheiros/as:

Preme na imaxe para ver vídeo




06/12/15

Party vampírico

Despois de comentar o libro deste mes, poidemos repasar a historia de "El pequeño vampiro" xogando a unha versión adaptada ad hoc do party junior...

As probas do "party vampírico" foron superadas con éxito polos equipos, e as risas demostraron que as lecturas tamén sirven para pasar un super-rato-divertido en boa compañía.







07/11/15

Inauguramos curso

Inauguramos o novo curso das Trasnadas lectoras creando os nosos propios textos...Cun pouco de esforzo e imaxinación  tal vez teñamos futurxs escritorxs ademáis de fantásticxs lectorxs.

Aqui vai a mostra dos textos elaborados a partir da proposta realizada pola páxina cuentos interativos. Preme nas imaxes para ampliar

Diego
María y Gabriel

Paloma y Cristina

Valentina y Dan
Yolanda y Helena
                             


30/10/15

Volven as Trasnadas lectoras!!

O Club de lectura infantil da Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel" 
comeza o 6 de novembro

Se tes entre 8 e 11 anos... a que esperas para apuntarte?

Preme na imaxe para ampliar




29/09/15

Trasnadas lectoras... Volvemosssss!!


Despois destas longas vacacións volvemos con moitas ganas de ler 
e facer a nosa trasnada favorita...

Que cal é?

Pois asistir ao noso Club de lectura para compartir libros, aventuras e diversión 

Lembramos que está aberto o período de inscricións para comezar en Novembro.

Hai que darse presa porque as prazas son limitadas... 
pasa pola biblioteca para apuntarte

Vémonos pronto!!



28/05/15

Remate final

Rematamos os encontros das trasnadas lectoras 2014-15 comentando os libros que nos prestamos na sesión anterior... e a  maioría das recomendacións  foron moi ben acollidas e puntuadas. Quedan colgadas na pestana  "Trasnorecomendacións" as lecturas recomendadas por se alguén ten interese en votarlle un ollo ;-)) 

Xogamos a recoñecer pasaxes dos libros que limos neste período a través de mímica, o que creou un ambiente festivo e de despedida. Finalizamos con xogos de grupo para levar un recordo fantástico das amizades que fixemos nas trasnadas lectoras.  

E de agasallo, un marcapáxinas para que non se esquezan de seguir lendo e voltar na próxima programación: novembro 2015/maio 2016.




Vos esperamos na próxima!! 
estade atentos/as en setembro a que se renoven as inscricións...

19/05/15

Xogamos coas aventuras de "la mano negra"

O pasado venres comentamos o noso libro do mes: Aventuras de "La mano negra".
@s tranolector@s desfrutaron moito coa lectura e gustoulles o de ir adiviñando as pistas que vai poñendo o autor ... asi que o libro recibiu a máxima puntuación do trasnómetro (5 estrelas).

E o seu control das catro aventuras narradas no libro quedou demostrado no xogo preparado para esta ocasión... descubrir as fichas de cada aventura e acertar todas as pistas...




O próximo libro que comentaremos será... mellor dito... serán os libros que cada participante recomendou e intercambiou co resto do grupo... veremos que puntuación reciben de cada novo/a lector/a. 

Estos son os libros recomendados e prestados para a súa lectura:

Uxía prestou: Números pares, impares e idiotas
Helena e Valentina prestaron: Chamizo
Luna prestou: El marciano perfecto y una feísima estudiante de intercambio sueca
Estela prestou: Lenore
Paloma prestou: ¿Quien se esconde en Ratford?
Victoria prestou: Carlota y el misterio de las turquesas polvorientas
Xian prestou: En el reino de la fantasía
Pablo prestou: Konrad o el niño que salió de una lata de conservas
Carmen prestou: Ojo de nube
Benjamín prestou: Las aventuras de Superman
e tamén se prestaron: El regreso del Señor Silvestre, La llamada de la Selva, El fantasma de Grotescote 

26/04/15

Somos detectives

Este venres, inspirad@s pol@s protagonistas do noso libro, exercitamos as nosas dotes de detectives...

Xa sabemos que todas as persoas teñen as súas propias pegadas dactilares e que grazas a eso a policía pode averiguar quen estivo no escenario do crime.


Armad@s cunha culler, un pincel, polvos de talco e unha lupa estudiamos as nosas pegadas...  


Agora xa podemos formar parte do equipo de "La mano negra" porque xa non hai quen se nos resista...



Se queres practicar este experimento, podes entrar nesta páxina: 
Experimento Huellas dactilares