Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



12/02/17

Alice no país das trasnadas

Prohibido leer a Lewis Carroll narra a historia de Eugéne Chignon, unha nova institutriz francesa que en 1932 viaxa ata Nova York para coidar dunha nena, Alice, cuxa desatada paixón polo mundo creado por Lewis Carroll provocou que os seus pais prohíbanlle ler os seus libros.

Eugéne Chignon comprobará que as estrañas casualidades, os personaxes extravagantes e as situacións absurdas non son só patrimonio do País das Marabillas, senón que se atopan a miúdo no noso mundo e especialmente nesa casa.

A comedia disparatada ten cabida nesta novela, na que o sinsentido, acaba tendo moito sentido.

Cantando e xogando adentrámonos no mundo das marabillas:


Pincha na imaxe para abrir



29/01/17

Trasnopiratas película


Pinchando na imaxe pódese ver una montaxe da sesión "El tesoro de Barracuda"
Para votar unha risa!!



20/12/16

Preparándose para zarpar!

Empezamos a nosa segunda lectura deste curso, El tesoro de Barracuda. Unha historia de piratas, libros, amizade... e, sobre todo, moitas aventuras. Este premio O Barco de Vapor avanza a toda vela.

Chispas, un grumete de once anos, conta nesta novela as aventuras que vive a bordo do  Cruz do Sur, o navío do capitán Barracuda, en busca do tesouro do lexendario Phineas Johnson Krane. 

O pirata Krane deixara enterrado un libro onde daba pistas sobre o paradoiro das súas riquezas. Por esta razón a tripulación do Cruz do Sur decide aprender a ler e, finalmente, seguindo as pistas do libro e tras moitas peripecias tan arriscadas como divertidas, atopa o tesouro.

A tripulación das trasnadas lectoras prepara a súa viaxe para continuar despois das festas de nadal.

Felices festas, piratas!! 



   

 

 

     

07/11/16

Nova temporada



O venres 4 de novembro inauguramos a temporada 2016-2017 con nova programación e novxs compañeirxs

animádevos!! quedan poucas prazas!!





10/05/16

De estrelas e ilustracións

Danko, o poldro de Grígor, é capaz de guiarse polas estrelas e ten máis forza que catro cabalos xuntos. Ademais, entende a linguaxe dos humanos, aínda que só obedece a Grígor. Pero tantas virtudes traerán a desgraza do poldro e o raparigo, porque a fama de Danko chega a oídos do ambicioso Pávirich. Unha estupenda novela con tinguiduras fantásticas que reflicte o valor do agarimo e a solidariedade.


Para aprender a recoñecer as estrelas  igual que Danko, construímos o noso telescopio. Así nas noites de verán, mirando ao ceo, poderemos sentir o que Grígor vía na compaña do seu cabalo. 



E para rematar ilustramos en grupo o texto de José Antonio Panero. 
Velaí a versión dixital ilustrada nas trasnadas lectoras. 
Pincha na imaxe, pon audio e verás...


09/04/16

Os 7 paxaros da profecía

As mellores veladas para o rei Gracián transcorren escoitando o canto dos paxaros. Pero o bosque queda lonxe e o rei é xa moi ancián. Por iso alégrase tanto a mañá en que o buhonero de Anatolia entra no seu palacio. No seu carromato, o mercador trae unha rede de finísimos fíos de prata que serven para cazar as devanditas aves. Pero, todos os paxaros que apresa o rei con estes fíos son capaces de falar e pídenlle que os deixe en liberdade. O rei así o fai, marabillado de semellante prodixio. 

Tras moitas aventuras, acompañado polo mozo Magrís,"o fillo dos bosques", o rei descobre que estes paxaros son aves especiais que transmiten a mensaxe milenaria do segredo da vida: os seres humanos son capaces de realizar os actos máis fermosos, tanto intelectual como fisicamente.  A partir dese momento, o rei Gracián é o encargado de transmitir a mensaxe a través do seu exemplo.

Despois dunha refexión colectiva sobre "El mensaje de los pájaros", os 7 paxaros da profecía servíronnos para realizar a nosa particular pesquisa sobre o canto de cada un deles e xogar a recoñecelos. Ah, e tamén fixemos comedeiros para invitalos a comer con nós na casa!





















05/03/16

Árbores xenealóxicas


Lola ten nove anos e vive coa súa nai. Un día, de súpeto, aparece un ancián que di ser o seu avó. O home fala raro, gruñe bastante e, encima, rouca. Garda un maletín pechado con chave e ponse feito unha furia cando Lola o descobre.

Parece que "Mi abuelo el presunto" caeulles ben aos tranolector@s porque o libro recibiu unha puntuación de 5 estrelas no noso trasnómetro.

Ademáis serviunos de excusa para lembrar ás nosas familias... avós, avoas, nais, pais, irmáns, irmás quedaron retratad@s nas nosas árbores xenealóxicas.




05/02/16

Ketumbeiros Taram-Bainas

Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro.

Aproveitando a coincidencia do entroido, inspirámonos no indio ketumbeiro do libro "Ke-Tumba Ke-Tamba" para elaborar a nosa careta e tocado de plumas de cores.

 


Velaí a nosa tribo de Taram-Bainas favorita...





09/01/16

Reporteirxs dicharacheirxs

Co libro deste mes, "Siete reporteros y un periódico", de Pilar Lizano, convertímonos en buscadorxs de noticias e, rastrexando a prensa local, seleccionamos as mellores noticias para o noso trasno xornal. Ao mellor espertouse algunha vocación oculta...

Con vostedes...  o Trasno xornal "As boas noticias", cos reporteiros/as máis dicharacheiros/as:

Preme na imaxe para ver vídeo