Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



23/11/14

De cine...

O pasado venres 21 as Trasnadas lectoras foron... DE CINE

Aproveitando a lectura deste mes, "Historia de una gaviota y del pájaro que le enseñó a volar" visionamos a adaptación para o cine do libro de Luis Sepúlveda. 

Película dirixida por Enzo D'Alò. Italia, 1999, 78'

Zorbas é un gato enorme, negro e gordo que vive cerca do porto de Hamburgo e un día acaba asumindo a delicada tarea de criar o poliño dunha gaivota. A nai quedou atrapada nunha marea negra de petróleo procedente dun buque varado e, xusto antes de morrer, deixou a Zorbas ao coidado do ovo que acababa de poñer. O gato porá todo o seu empeño en coidar á pequena gaivota recén nacida e, xunto aos seus amigos felinos Secretario, Sabelotodo, Barlovento e Colonello logrará tanto coidala e darlle cariño como ensinarlle a voar para que poda reunirse con outros membros da súa especie.

Se vos interesa, podedes ver a película desde youtube ou pedila en préstamo na Biblioteca para ver na casa


preme na imaxe para ver película

08/11/14

Venres 7 de novembro. Comezamos as trasnadas lectoras!!


Trasnolector@s escritor@s

A primeira reunión do Club de lectura foi un día de presentacións... Coñecemos os nomes, as idades, os gustos lectores e os coles de cada trasnolector e trasnolectora.

Coñecimos e exploramos o noso blog porque vai a ser o medio de comunicación que nos permitirá expresar as nosas trasnadas e, coa axuda dos "contos interactivos", convertímonos en trasnoescritor@s  creando estos contos un pouco tolos que non nos deu tempo de correxir pero que se irán mellorando...

Vémonos o próximo venres 21 de novembro para comentar a primeira lectura do mes: Historia de una gaviota y del pájaro que le enseñó a volar, de Luís Sepúlveda, unha historia maravillosa que nos fala da solidariedade e da superación.

Shalma e Sara
Uxía e Estela
Diego e Luna
Samuel e Carmen
Nicolao 
Xian e Carmela




05/11/14

Trasnadas lectoras. Empezamos!!




Este venres 7 de novembro comezamos a andadura das Trasnadas lectoras, o Club de lectura infantil da Biblioteca Pública "Juan Compañel" de Vigo.






Se tes entre 8 e 12 anos ou coñeces a alguén interesad@ en participar, continúa aberto o prazo de inscrición. Temos un grupo creado pero podemos ser máis... 

@s trasnolector@s estamos preparad@s para gozar das trasnadas máis divertidas...
lecturas, xogos... e escribir as nosas impresións colaborando no blog do club.

Infórmate e participa na trasnodiversión!!



28/09/14

Posta en marcha


A Biblioteca Pública "Juan Compañel" pon en marcha as 
TRASNADAS LECTORAS,  un Club de lectura infantil 
para nenos e nenas de 8 a 12 anos
Xa está aberto o prazo para inscribirse!!
Comezamos en Novembro!!



Inscricións para o Club de lectura infantil

A Biblioteca Pública "Juan Compañel" pon en marcha as 
TRASNADAS LECTORAS,  un Club de lectura infantil 
para nenos e nenas de 8 a 12 anos
Xa está aberto o prazo para inscribirse!!
Comezamos en Novembro!!