Comentamos o libro de Luis Sepúlveda, Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar, e pensamos que como a protagonista da nosa novela, "Só pode voar quen se atreve a facelo". Aprendimos que hai humanos que desprezan e emporcan o mar pero tamén os hai que traballan polo seu coidado e a conservación do medio ambiente (como aqueles que no libro "levan as súas naves adornadas coas cores do arco da vella").
Ilustramos a historia da nosa gaivota co vídeo musical "Nunca máis" de La Fuga, tema que esta banda de rock creou sobre a catástrofe do Prestige.
Tamén recomendamos unha exposición que se pode ver na sede da Fundación Barrié en Vigo: Out to Sea? El proyecto de los residuos de plástico
E por útimo fixemos a nosa gaivota móbil para levar á casa... Podes abrir aqui para facer unha igual
Unha sesión completa...
Vémonos na próxima sesión... o venres 19 de decembro
comentaremos o próximo libro "El señor Silvestre"