Etna, Lea e Árix, protagonistas do libro "En la isla del dragón dormido" son tres mozas ás que o traballo dos seus pais e nais obriga a deixalo todo para ir vivir a unha apartada e perdida illa unha longa tempada, e por iso están terriblemente enfadadas. Tiveron que deixar as súas casas, amigos/as e os seus colexios para encerrarse no que imaxinan o lugar máis aburrido do planeta. Pero equivócanse. Á súa chegada descobren que esconde moitos segredos. Entre eles a presenza dunha misteriosa anciá de estraña orixe que lles fala dunha lenda nada séculos atrás. E esa lenda revelaralles que non están alí por casualidade....
Nesta ocasión realizamos una gymkana para atopar o dragón que durme na biblioteca... Preparadas/os?...
Os/as descendentes do noso dragón protagonista chegaron á biblioteca, onde esperan vivir para sempre en paz. Para conseguilo, necesitan coñecer a historia dos antepasados/as, narrada no libro "Na illa do dragón durmido?. Para axudalos/as hai que atopar 8 caixiñas escondidas pola biblioteca...
Unha vez contestadas as preguntas de todas as caixiñas con axuda da forza, a sabedoría e a intuición, os dragóns poderán ter unha vida feliz. Grazas en nome dos dragóns e moita sorte!