Avisos

DEBIDO Á SITUACIÓN DE PANDEMIA XERADA POLA COVID-19,

O CLUB DE LECTURA INFANTIL "TRASNADAS LECTORAS" QUEDARÁ SUSPENDIDO ATA NOVO AVISO



10/04/18

Abracadabra!!

Desde que Mauricio trasladouse cos seus pais e o seu pequeno irmán a unha nova cidade todo son problemas. Ata que un día coñece a El Señor Silvestre na escaleira da súa casa. Ese señor amable, entrado en idade, de coleta gris, non é un veciño normal e corrente. Sabe facer as mellores galletas de laranxa, onde se poden cultivar paraugas no parque e como falar con elefantes; e tamén sabe como axudar a Mauricio a desfacerse duns compañeiros de clase molestos e mesmo como converter ao xefe de mamá nunha persoa cordial.

Nas trasnadas construimos o noso "catalejo de caza menor" para poder acompañar a Mauricio a ver o "tigre de parque"





E como esta é unha historia chea de maxia, tamén pacticamos cos trucos que podedes lembrar nos seguintes enlaces:





Los 3 montones

La carta saltarina

Carta del 7

El hotel misterioso


La maravillosa historia de Carapuntada...

... cólase nas trasnadas lectoras

No Castelo de Grotescote vive Carapuntada, un pequeno monstro creado polo profesor Erasmus. Este último é un científico especializado en fabricar criaturas horripilantes. O problema é que, unha vez creadas, esquécese delas.

Así, Carapuntada é esquecido polo seu creador pouco tempo despois de nacer e vaga polo lúgubre edificio tratando de “compoñer” os erros do profesor. Con todo, o pequeno monstro non desexa abandonar a súa casa aínda e tampouco quere deixar aos demais monstros que son os seus amigos.





Unha divertida mezcla de humor, terror e fantasía que inspirou 
ás nosas trasnadas 
para crear uns montrosísimos marcapáxinas.


Contos no Entroido

Á nosa protagonista de "Cama y cuento", Malva, encántalle que a súa nai lea con ela un conto antes de irse a durmir. Con esas historias viaxa ata un mundo cheo de maxia e de fantasía. Pero desde que aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non hai "cama e conto".

Pero nas trasnadas lectoras aproveitamos o entroido para lembrarlle a Malva algúns personaxes dos contos que tanto lle gustan.



26/01/18

Cambiamos de familia!!

En Se vende garbanzo, a novela de Care Santos, Óscar non aguanta máis ao seu irmán pequeno e ten unha lista de máis de dez motivos que explican por que. O malo é que Nora foi pasar o verán a Nova York, e sen ela, Óscar non sabe como solucionar o problema. Menos mal que os bos amigos sempre están aí, pase o que pase, e a solución chega vía email: ten que cambiar ao Garavanzo por outro irmán. É unha idea xenial, como todas as de Nora, pero dará resultado?

Nas trasnadas lectoras queremos ás nosas familias, por eso felicitámolas polo Nadal (ao xeito tradicional, enviando unha postal por correos), pero tamén cambiamos nais, pais, irmáns, avoas e avós coas cartas creadas por nós...





Volvemos con El pequeño vampiro



El pequeño vampiro trata da amizade entre o neno Anton e o pequeno vampiro Rüdiger von Schlotterstein. Anton vive inquietantes aventuras entre os vampiros, acompañado por Rüdiger, que adoita visitarlle aparecendo inesperadamente no alféizar da súa xanela. Unha das dificultades ás que se enfrontan é a de tratar de evitar que os pais de Anton cheguen a decatarse de que Rüdiger é un vampiro.

Anton vai coñecendo cada vez a máis membros da familia de Rüdiger, como a irmá pequena Anna e o irmán maior Lumpi. Tamén vive emocionantes voos nocturnos coa capa que lle presta o seu amigo, e pronto se familiariza cos problemas que teñen que afrontar os vampiros: o allo, o ter que facer a mudanza cun cadaleito ou o sufrir a persecución do cazador de vampiros Geiermeier.

Con este libro damos comezo a unha nova edición das trasnadas lectoras, esperando que a diversión acompañe sempre ás nosas lecturas.


+fotos no album fotográfico deste blog

25/05/17

Ata pronto!!

Chegamos á última sesión das trasnadas lectoras 2016-2017... Que rápido pasou e como nos divertimos!!

O último día, como despedida, lembramos todas as lecturas do programa a través de xogos de mímica e de grupo.

Foi un pracer compartir estes meses de lecturas, xogos e diversión... Esperamos vernos de novo na próxima programación. Ata pronto trasnolector@s! Boas vacacións!!

Aquí van unhas fotos do último día.
Podedes ver máis pinchando na pestaña de álbum fotográfico ou no seguinte enlace: Despedida maio 2017




07/05/17

Xymkana do dragón durmido

Etna, Lea e Árix, protagonistas do libro "En la isla del dragón dormido" son tres mozas ás que o traballo dos seus pais e nais obriga a deixalo todo para ir vivir a unha apartada e perdida illa unha longa tempada, e por iso están terriblemente enfadadas. Tiveron que deixar as súas casas, amigos/as e os seus colexios para encerrarse no que imaxinan o lugar máis aburrido do planeta. Pero equivócanse. Á súa chegada descobren que esconde moitos segredos. Entre eles a presenza dunha misteriosa anciá de estraña orixe que lles fala dunha lenda nada séculos atrás. E esa lenda revelaralles que non están alí por casualidade....

Nesta ocasión realizamos una gymkana para atopar o dragón que durme na biblioteca...  Preparadas/os?...


Os/as descendentes do noso dragón protagonista chegaron á biblioteca, onde esperan vivir para sempre en paz. Para conseguilo, necesitan coñecer a historia dos antepasados/as, narrada no libro "Na illa do dragón durmido?. Para axudalos/as hai que atopar 8 caixiñas escondidas pola biblioteca...   
Unha vez contestadas as preguntas de todas as caixiñas con axuda da forza, a sabedoría e a intuición, os dragóns poderán ter unha vida feliz. Grazas en nome dos dragóns e moita sorte!





23/04/17

Twister embruxado

As bruxas de todo o mundo, baixo a aparencia de señoras correntes, están a celebrar a súa convención anual. Nela decidiron aniquilar a todxs os nenos e as  nenas do mundo. Pero o protagonista desta historia e a súa avoa conseguirán vencelas grazas ao ratonizador máxico.

Que medo!!
As bruxas, de Roald Dhal e a súa versión para o cine A maldición das bruxas deron un pouquiño de medo...

Pero que divertido xogar co twister embruxado!!

Aquí están os tres equipos campeóns...






15/03/17

Contos trasnodisparatados e invisibles

César está moi enfadado co seu pai, ao que culpa de todos o seu problema. E é que o seu pai, que é escritor, ten a necesidade de cambiar de cidade cada vez que termina unha novela. Por iso, César non ten amigos.

Pero as cousas complícanse cando chega ao seu novo colexio e a súa compañeira de pupitre, Lucía, identifícase como futura escritora. Con todo, Lucía resulta ser de gran axuda e deféndeo dos seus inimigos. 

A partir da primeira lectura, a cousas toman un rumbo inesperado e César vivirá a máis incrible aventura da súa vida. E aprenderá cousas que non imaxinaba. 

Grazas á novela deste mes, "El libro invisible", descubrimos que as historias son invisibles ata que se escriben, así que nos aventuramos a escribir o noso libro de contos axudándonos cos dados de story cubs e o xogo do cadáver exquisito. 

... E o resultado foi esta Trasno antoloxía de contos disparatados...